Non pasa nada

"... a Liga está gañada", din os fans cando o equipo vai mal pero ainda o apoian.

E non é que eu queira apoiar ao "Estatuto de Nación" que pide o Bloque. Por min como se lles dan moito nabo a todos, moi especialmente aos do Bloque. Pero andar pedindo reformas nun Estatuto no que non cré a inmensa maioría dos galegos é un grave erro.

O que agora temos é que a maioría dos galegos, votantes do PP, non crén no Estatuto porque simplemente non cren nas autonomías. Eles opóñen-se a que Galiza sexa unha autonomía e apoian que as nosas competéncias sexan levadas dende Madrid. Eles coidan que Catalunya e Euskadi poden ter un Estatuto, pero só como mal menor e mentres non se poida evitar. E olliño con equívocos, eh? Iso é o que opina a maioría dos galegos, máis do 40%.

Logo está unha minoría á que o Estatuto lle parece insuficiente. Queren un Estatuto coma o que xa acadou Catalunya. Digamos que menos dun 20% dos galegos opina así.

E finalmente están os que non saben nin opinan nin lles importa un carallo. Eles din: "o Estatuto non me dá de comer" e prefiren facer horas extras grátis na oficina coa ilusa esperanza de que o seu xefe llo agradeza cunha ampliación de contrato. Estes últimos son o 40% restante de galegos.

Con estes bímbios, quen pode tecer un cestro?