Incéndios

Arestora, un denso fume negro cobre por completo a ría de Vigo. O incéndio que os cabróns de sempre provocaron no monte en Cangas (ainda non sei exactamente onde) está a crear unha nube que impide ver o sol, ademáis dunha choiva de cinzas por toda a cidade.

Claro que estes e algúns outros son só pequenos inconvintes para os incendiários, que coidan que o lume ha traer progreso, estradas, turismo, casas, campos de labranza e boa herba para o pasto do gando. O curioso é que isto mesmo é o que pensa a grande maioría da xente de por aquí. E se non, aí tedes algunhas das millores frases que teño escoitado ultimanente:
"Sempre houbo incéndios e sempre os haberá".
"O monte ten que arder para se limpar"
"Algo bó ten que traer porque se non os veciños non-o permitirían"
"É natural que arda"
"As árbores non traen o progreso, as estradas si"
Ás veces dá-me noxo ser galego.

Actualización: hoxe, ao día seguinte, hai dous novos incéndios á outra beira da ría, e a choiva de cinzas continúa a caer sobre Vigo. Non sei por que me molestei varrendo hoxe a casa: mira que non ten en conta a vontade soberana dos veciños do Morrazo!!

Re-actualización: hoxe, dous días despóis, segue a chover cinza sobre Vigo e dentro da miña casa. O sol está tapado e o calor é abafante. E por simples curiosidade, se procurades polas verbas "incendio" e "beneficiado" no Google, aparecerán centos de sítios, o 99% deles referidos a países terceiromundistas, Galiza incluida. Noraboa aos premiados.

5 comentários:

Erasmo dijo...

Sexa quen sexa o que queima os montes... a primeira obriga de calquera goberno é DEFENDER A VIDA DOS CIDADÁNS e a Natureza é a única VIDA QUE TEMOS TODOS...!

Dende o Venres á noite segue a arder GALIZA E NINGUÉN FAI NADA DE NADA...! Que chamen ó Exército a ver se serve para algo...? Que movan o cú para salvar da desertificación a Galiza.

NUNCA MAIS INCENDIOS EN GALIZA...! NUNCA MAIS...!

Anónimo dijo...

Tres mortos a penas merecen 2' nos informativos de TVE1...?

E que nin siquera se pode dicir o que está pasando en Galiza?

Mentres o Conselleiro de Medio Rural dí que vai sobrado de medios contra incendios...?

Un pouco de vergoña... queremos que Galiza deixe de arder...!

Erasmo dijo...

Deixovos a continuación o texto do e-mail que veño de enviarlle ó Conselleiro de Medio Rural e que considero unha cuestión de máxima gravidade para o futuro NATURAL de Galicia.
——–

A verdade é que se todo está tan actualizado coma a Paxina Web desta Consellería non me estraña nada que GALIZA esté a arder polos catro puntos cardinais.

Sr Conselleiro agardo que teñas o que hai que ter (en Política) para presentar a TÚA DEMISIÓN polas graves declaracións realizadas o Venres en Sé Parlamentaria dicindo que tiñamos os ‘medios suficientes’ para facerlle fronte ó lume.

Cando non hai nin planos de actuación nin se sabe como facerlle fronte á Organización Real do País… o mellor que se pode facer é recoñecelo e deixar o sitio as persoas (do BNG, do PSdG, do Inferno se fai falla…) que teñan capacidade para salvar a nosa terra desta catástrofe.

Polo ben do país… demite e fai as declaracións que teñas que facer para dicirlle ó pobo galego quenes son os responsables desta total falta de coordinación e respota conta o lume criminal dos especuladores.

Fala todo o que queiras en Sé Parlamentar (coma che gosta dicir) pero deixa un cargo que che ven moi ANCHO meu amigo.

Sinceiramente descorazonado…

Erasmo (no orixinal asinei con nome e DNI)

INCENDIOS EN GALIZA NUNCA MÁIS…!!!
—–

INVITOVOS A enviar algo similar ó Conselleiro aquí deixo o Correo-e para exercer a crítica cidadán dunha xestión deplorable…

D. Alfredo Suárez Canal
gabinete.agri@xunta.es

NUNCA MÁIS…!

Se o cres conveniente espalla esta iniciativa noutras bitácoras ou entre os teus coñecidos…?

Galicia non se vende…!

dulaman dijo...

Poñer-se agora a procurar responsábeis políticos semella un pouco arriscado precisamente por parte de quen durante dezaseis anos mantivo a Galiza no primeiro posto mundial de incéndios (podedes comproba-lo nas estatísticas oficiais de ADENA/WWF).

Alomenos este ano infórma-se sobre o que está a acontecer. Durante a ditadura de Fraga os médios de comunicación ficaban caladiños coma petos ou mentían descaradamente dicindo que non pasaba ren, que os incéndios eran poucos, etc.

Eu agora poríame á beira de quen, coma o Alcalde de Moaña (PP) esta mañán na rádio relembraba que os incendiários teñen moito apoio social por parte dos supostos "afectados", aos que só semella alporizarlles o feito de que haxa mortos. A min os mortos humanos non me desacougan tanto coma o dano irreversíbel que lle facemos ao médio ambiente, e os milleiros de animais mortos dos que ninguén se lembra.

Erasmo dijo...

No seguinte enlace podemos discutir sobre as Responsablidades políticas e as Solucións para unha Catástrofe Ecolóxica e Criminal...!

Pero alguén ten que dar a cara ante esta barbarie nunca vista...!

E non é unha cuestión que se poda tapar ideolóxicamente (penso eu).

NUNCA MAIS INCENDIOS EN GALICIA...!